jueves 5 de noviembre de 2009

Finalistas FESTIFAL



Xa saíu a lista de finalistas do festival de cortos FESTIFAL de Temática rural en Urrea de Gaén en Teruel, os que lle interese o tema podedes buscar as curtas que estan na lista, eu xa estuven mirando e francamente, temos dificil o de gañar, xa que hai un nivel moi moi bo, pero bueno o importante é que ahí estamos, entre curtas moi boas, eso xa é moito e se gañamos mellor. Saúdos.

lunes 2 de noviembre de 2009

As almas do Fental finalista en Teruel

Pois eso, As almas do Fental, viaxaron ata o festival de Temáica rural de Urrea de Gaén en Teruel e xa nos confirmaron que somos finalistas, hai 15 curtas que disputaran a final, e foi elexido de entre mais de 500 curtas de España, e outros paises europeos, a gala final será o 21 de Novembro, esperamos estar alí por si acaso.......

Un saúdo

martes 29 de septiembre de 2009

TAMEN SE PODEN VER EN YOUTUBE EN GALEGO E CASTELÁN

En Galego http://www.youtube.com/watch?v=iGrIccsKf8g
En Castellano Subtitulado http://www.youtube.com/watch?v=i6Mhn4yjACc

Muy pronto estará subtitulado en inglés.

Saúdos.

As almas do Fental subtitulado en Castellano

miércoles 23 de septiembre de 2009

Moitas grazas

Pois eso moitas grazas polas boas críticas que están recibindo As almas do Fental, unha curta recén parida, e que está a dar os seus primeiros pasos, xa vin en youtube que superamos xa as 300 visitas e para ser un recén nacido non está nada mal, gustaríame que deixarades a vosa opinión tanto en youtube como no blog, pois como ainda estamos aprendendo non nos veñen mal as críticas para superarnos no seguinte proxecto, que espero sexa pronto, ainda que antes teremos que esperar a evolución de As almas, para saber si somos merecedores de seguir contando historias. Dende eiqui un saúdo a todos e especialmente o equipo que fixo posible esta curta. De corazón, GRAZAS.

martes 15 de septiembre de 2009

AS ALMAS DO FENTAL


Xa está eiquí a curta As almas do Fental, a historia do

derradeiro día dunha aldea de Galicia: O Fental, espero

que vos guste, saúdos e grazas.

jueves 10 de septiembre de 2009

Estrea de As almas do Fental


A curta As almas do Fental foi estreada no Telecentro de Chantada o pasado 5 de Setembro, cunha gran afluencia de público, as criticas foron moi boas polo que esperamos que a curta teña éxito nos festivais que apartires de agora comenzará a visitar. Moitas grazas a tod@s.